Bo día outra semana máis musiquiñas e musiquiños.
Aquí vos deixo unha pequena actividade adicada aos maios, unha tradición ancestral que se vén celebrando nalgunhas zonas de Galicia dende hai moitos anos.
Festéxase a despedida do inverno e dáselle a benvida á primavera, a través da elaboración dun maio: figuras realizads con elementos naturais coma flores, xestas, froita, ovos....
O escritor galego Vicente Risco definía así esta festividade:
´´A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer da
prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza.
Temos que pensar que así imos saír todas e todos nós despois de que pase o Covid 19:
con forza, con ledicia, como cando o sol se ergue por riba do hourizonte.
Animádevos a cantar e bailar esta peza en familia titulada ´´aí vén o maio´´ recollida na obra Aires da miña terra do escritor galego Manuel Curros Enríquez .
A música está composta polo músico santiagués LuÍs Emilio Batallán.
O MAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...
Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...
Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Se vos apetece, aquí tamén vos deixo unhas pequenas actividades interactivas relacionadas cos maios: pincha aquí para acceder e logo, unha vez dentro, pincha en visualizar
si gustoume moito a cancion.
ResponderEliminar