COMO BEN SABEDES, A MÚSICA É UNHA LINGUAXE UNIVERSAL; A TRAVÉS DELA PODEMOS EXPRESAR LIBREMENTE SENTIMENTOS, EMOCIÓNS E ESTADOS DE ÁNIMO.
A ACTIVIDADE QUE VOS PRESENTO, PRETENDE REFLEXAR OS DISTINTOS ESTADOS DE ÁNIMO QUE PUIDEMOS EXPERIMENTAR, AO LONGO DESTE PERÍODO DE CONFINAMENTO QUE ESTAMOS VIVINDO.
CADA FIGURA MUSICAL, AGOCHA UNHA AUDICIÓN QUE SE RELACIONA CO ESTADO DE ÁNIMO QUE ESTÁ ESCRITO DEBAIXO. PINCHA NELAS E EXPERIMENTA AS SENSACIÓNS QUE CHE PROVOCAN.
ADEMAIS, TAMÉN PODES FACER UNHA LISTA DAS TÚAS CANCIÓNS FAVORITAS E DESCRIBIR COMO TE SINTES CANDO AS ESCOITAS.
SE QUERES COMPARTIR ESAS SENSACIÓNS CON TODOS NÓS, XA SABES QUE PODES ENVIAR UN DOCUMENTO ESCRITO OU UN VÍDEO EXPLICATIVO.
ANÍMATE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario